Concello de Rianxo
Inicio Mapa Web Contactar RSS
Venres, 10 de Setembro de 2010

Últimas novas e Actualidade en Rianxo

Horarios de reserva desde o 1 ó 9 de setembro

3 setembro 2010(Publicado por: Servizo de Deportes)

Están publicados na sección de deportes/instalacións/horarios de reserva desta web os horarios de aluguer dos pavillóns dende o 1 ó 9 de setembro.
Os pavillóns pódense reservar para a práctica de diversos deportes como son o tenis, fútbol sala, baloncesto, badminton, balonmán...
Mais información no Servizo de Deportes ou nos pavillóns polideportivos.

Modificación horarios piscina no mes de setembro

2 setembro 2010(Publicado por: Servizo de Deportes)

Con motivo da Guadalupe 2010 e para dar cumprimento ó Decreto 103/2005 Técnico Sanitario de piscinas de uso colectivo, os horarios de apertura da instalación son os seguintes:

Recinto piscina pechado, do 11 ó 19 de setembro, ámbolos dous incluídos.

Horario Ximnasio:
Sábado 11: 10:00 – 13:00 h.
Domingo 12: 10:00 – 13:00 h.
Luns 13 a Xoves 16: 9:00 – 13:00/17:00 – 21:00 h.
Venres 17: 10:00 – 13:00 h.
Sábado 18: Pechado
Domingo 19: 10:00 – 13:00 h.

Máis información

Contrato de obra: Medidas de aforro enerxético en alumeados en diversos puntos do concello

1 setembro 2010

Por Decreto de Alcaldía nº 1279/2010 de 27/08/2010, aprobouse a adxudicación provisional do contrato de obra : “Medidas de aforro enerxético en alumeados en diversos puntos do concello”, o que se publica consonte ao Prego e aos efectos do artigo 135.3 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público:

Máis información

Obradoiros para Pais e Nais

31 agosto 2010(Publicado por: Servizos Sociais)

O Equipo de prevención do Concello de Rianxo pon en marcha dous Obradoiros dirixidos a Pais e Nais:
1.Resolución de Conflictos na Familia do 27 ó 30 de setembro
2.Saúde en Rede do 4 ó 7 de outubro.

Máis información

Concerto “O JAZZ NA BANDA” - Venres 27 agosto, 21:30 H – Auditorio

24 agosto 2010(Publicado por: Área de Cultura)

Como colofón do VI CICLO DE BANDAS DE MÚSICA, artellado conxuntamente entre a Escola de Música de Rianxo e a Área de Educación e Cultura do Concello, terá lugar o vindeiro venres 27 un concerto moi especial a cargo da Banda anfitriona.
No marco desta novidosa proposta, estrearase a obra "O JAZZ NA BANDA", peza creada e orquestrada polo saxofonista e compositor rianxeiro Roberto Somoza, por encargo da Escola de Música de Rianxo, a partires dun texto de Quinito L Mourelle e no que se narra a historia dun adolescente e o seu encontro co mundo do Jazz.
Na posta en escea desta particular creación, participarán ademais da Banda, un quinteto de jazz (conformado por recoñecidos músicos neste ámbito), e outros colaboradores/as, que de seguro e un ano máis, nos han deleitar co seu bo facer artístico.
Este concerto porá tamén o punto final ás propostas culturais organizadas polo Concello de Rianxo, no marco do programa VERÁN CULTURAL 2010.

Máis información

Contrato: Servizo de axuda no fogar (SAF) do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia no Concello de Rianxo

18 agosto 2010

Por Decreto de Alcaldía nº 1220/2010 de 10/08/2010, aprobouse o expediente de licitación, para o contrato de “ SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR (SAF) DO SISTEMA DE AUTONOMÍA PERSOAL E ATENCIÓN A DEPENDENCIA NO CONCELLO DE RIANXO “. que se publica consonte ao Prego e aos efectos do artigo 135.3 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público:

Máis información

SENDEIRISMO VERÁN 2010

18 agosto 2010(Publicado por: Servizo de Deportes)

O Servizo de Deportes ten programadas as seguintes saídas de sendeirismo:

ROTEIRO NOCTURNO:
Venres, 20 de agosto, a partires das 22 h.
Dirixido a maiores de 16 anos.
Dificultade media
Campo de Fútbol Sta. Lucía - San Pedro - As Barras - Cruz de Burés - Cruz Nova - Devesa - Sta. Lucía.

ROTEIRO CAMPO MANEIRO-RÍO BELUSO:
Sábado, 28 de agosto.
Dirixido a maiores de 16 anos.
Dificultade media-baixa
Percorrerá camiños de Taragoña e Bealo.

ROTEIRO DAS FERVENZAS (Valga)
Sábado, 4 de setembro
Dirixido á 3ª idade
Dificultade baixa

NOITES FOLC - TOMBALOBOS ORQUESTRA - sábado 21 agosto

12 agosto 2010(Publicado por: Área de Cultura)

No marco da programación do Verán Cultural 2010 organizada pola Área de Educación e Cultura e ao abeiro da Rede Cultural de Deputación da Coruña. o sábado 21 de agosto ás 22:30 horas, concerto a cargo da TOMBALOBOS ORQUESTRA.

Máis información

Hoxe en Rianxo...

Festas da Guadalupe 2010 Área de Rehabilitación Integral Actividades Deportivas VERÁN 2010 Itinerario Histórico Musical Piscina Climatizada Municipal Museo do mar de Rianxo Perfil do contratante Procesos selectivos
Icona de conformidade co Nivel Dobre-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI Consellería de Innovación e Industria ©2007 Concello de Rianxo | Aviso legal | Contactar | Créditos | Castellano | English