Concello de Rianxo
Inicio Mapa Web Contactar RSS
Venres, 10 de Setembro de 2010

Xornal dixital

Seleccionar data
Seleccionar data
Resultados por páxina   Páxina 1 de 83  seguinte

Horarios de reserva desde o 1 ó 9 de setembro

3 setembro 2010(Publicado por: Servizo de Deportes)

Están publicados na sección de deportes/instalacións/horarios de reserva desta web os horarios de aluguer dos pavillóns dende o 1 ó 9 de setembro.
Os pavillóns pódense reservar para a práctica de diversos deportes como son o tenis, fútbol sala, baloncesto, badminton, balonmán...
Mais información no Servizo de Deportes ou nos pavillóns polideportivos.

Modificación horarios piscina no mes de setembro

2 setembro 2010(Publicado por: Servizo de Deportes)

Con motivo da Guadalupe 2010 e para dar cumprimento ó Decreto 103/2005 Técnico Sanitario de piscinas de uso colectivo, os horarios de apertura da instalación son os seguintes:

Recinto piscina pechado, do 11 ó 19 de setembro, ámbolos dous incluídos.

Horario Ximnasio:
Sábado 11: 10:00 – 13:00 h.
Domingo 12: 10:00 – 13:00 h.
Luns 13 a Xoves 16: 9:00 – 13:00/17:00 – 21:00 h.
Venres 17: 10:00 – 13:00 h.
Sábado 18: Pechado
Domingo 19: 10:00 – 13:00 h.

Máis informaciónMáis información

Contrato de obra: Medidas de aforro enerxético en alumeados en diversos puntos do concello

1 setembro 2010

Por Decreto de Alcaldía nº 1279/2010 de 27/08/2010, aprobouse a adxudicación provisional do contrato de obra : “Medidas de aforro enerxético en alumeados en diversos puntos do concello”, o que se publica consonte ao Prego e aos efectos do artigo 135.3 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público:

Máis informaciónMáis información

Obradoiros para Pais e Nais

31 agosto 2010(Publicado por: Servizos Sociais)

O Equipo de prevención do Concello de Rianxo pon en marcha dous Obradoiros dirixidos a Pais e Nais:
1.Resolución de Conflictos na Familia do 27 ó 30 de setembro
2.Saúde en Rede do 4 ó 7 de outubro.

Máis informaciónMáis información

Concerto “O JAZZ NA BANDA” - Venres 27 agosto, 21:30 H – Auditorio

24 agosto 2010(Publicado por: Área de Cultura)

Como colofón do VI CICLO DE BANDAS DE MÚSICA, artellado conxuntamente entre a Escola de Música de Rianxo e a Área de Educación e Cultura do Concello, terá lugar o vindeiro venres 27 un concerto moi especial a cargo da Banda anfitriona.
No marco desta novidosa proposta, estrearase a obra "O JAZZ NA BANDA", peza creada e orquestrada polo saxofonista e compositor rianxeiro Roberto Somoza, por encargo da Escola de Música de Rianxo, a partires dun texto de Quinito L Mourelle e no que se narra a historia dun adolescente e o seu encontro co mundo do Jazz.
Na posta en escea desta particular creación, participarán ademais da Banda, un quinteto de jazz (conformado por recoñecidos músicos neste ámbito), e outros colaboradores/as, que de seguro e un ano máis, nos han deleitar co seu bo facer artístico.
Este concerto porá tamén o punto final ás propostas culturais organizadas polo Concello de Rianxo, no marco do programa VERÁN CULTURAL 2010.

Máis informaciónMáis información

Contrato: Servizo de axuda no fogar (SAF) do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia no Concello de Rianxo

18 agosto 2010

Por Decreto de Alcaldía nº 1220/2010 de 10/08/2010, aprobouse o expediente de licitación, para o contrato de “ SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR (SAF) DO SISTEMA DE AUTONOMÍA PERSOAL E ATENCIÓN A DEPENDENCIA NO CONCELLO DE RIANXO “. que se publica consonte ao Prego e aos efectos do artigo 135.3 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público:

Máis informaciónMáis información
Icona de conformidade co Nivel Dobre-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI Consellería de Innovación e Industria ©2007 Concello de Rianxo | Aviso legal | Contactar | Créditos | Castellano | English