Están publicados na sección de deportes/instalacións/horarios de reserva desta web os horarios de aluguer dos pavillóns dende o 1 ó 9 de setembro.
Os pavillóns pódense reservar para a práctica de diversos deportes como son o tenis, fútbol sala, baloncesto, badminton, balonmán...
Con motivo da Guadalupe 2010 e para dar cumprimento ó Decreto 103/2005 Técnico Sanitario de piscinas de uso colectivo, os horarios de apertura da instalación son os seguintes:
Recinto piscina pechado, do 11 ó 19 de setembro, ámbolos dous incluídos.
Horario Ximnasio:
Sábado 11: 10:00 – 13:00 h.
Domingo 12: 10:00 – 13:00 h.
Luns 13 a Xoves 16: 9:00 – 13:00/17:00 – 21:00 h.
Venres 17: 10:00 – 13:00 h.
Sábado 18: Pechado
Domingo 19: 10:00 – 13:00 h.
Further information
Por Decreto de Alcaldía nº 1279/2010 de 27/08/2010, aprobouse a adxudicación provisional do contrato de obra : “Medidas de aforro enerxético en alumeados en diversos puntos do concello”, o que se publica consonte ao Prego e aos efectos do artigo 135.3 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público:
Further information
O Equipo de prevención do Concello de Rianxo pon en marcha dous Obradoiros dirixidos a Pais e Nais:
1.Resolución de Conflictos na Familia do 27 ó 30 de setembro
2.Saúde en Rede do 4 ó 7 de outubro.
Further information
Como colofón do VI CICLO DE BANDAS DE MÚSICA, artellado conxuntamente entre a Escola de Música de Rianxo e a Área de Educación e Cultura do Concello, terá lugar o vindeiro venres 27 un concerto moi especial a cargo da Banda anfitriona.
No marco desta novidosa proposta, estrearase a obra "O JAZZ NA BANDA", peza creada e orquestrada polo saxofonista e compositor rianxeiro Roberto Somoza, por encargo da Escola de Música de Rianxo, a partires dun texto de Quinito L Mourelle e no que se narra a historioa dun adolescente e o seu encontro co mundo do Jazz.
Na posta en escea desta particular creación, participarán ademais da Banda, un quinteto de jazz (conformado por recoñecidos músicos neste ámbito), e outros colaboradores/as, que de seguro e un ano máis, nos han deleitar co seu bo facer artístico.
Este concerto porá tamén o punto final ás propostas culturais organizadas polo Concello de Rianxo, no marco do programa VERÁN CULTURAL 2010.
BANDA DE MÚSICA DE RIANXO
Dirección: RAFAEL COLLAZO
Saxofón Solista: ADRIÁN PAIS
Textos: QUINITO L. MOURELLE
Narración: BELÉN XESTAL
Músicos de Jazz:
Trompeta: JAVIER PEREIRO
Saxo Tenor: ROBERTO SOMOZA
Piano: ALFREDO SUSAVILA
Contrabaixo: GUSTAVO HERNÁN
Batería: BORJA GARCÍA
Further information
Por Decreto de Alcaldía nº 1220/2010 de 10/08/2010, aprobouse o expediente de licitación, para o contrato de “ SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR (SAF) DO SISTEMA DE AUTONOMÍA PERSOAL E ATENCIÓN A DEPENDENCIA NO CONCELLO DE RIANXO “. que se publica consonte ao Prego e aos efectos do artigo 135.3 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público:
Further information
O Servizo de Deportes ten programadas as seguintes saídas de sendeirismo para o mes de agosto.
ROTEIRO NOCTURNO:
Venres, 20 de agosto, a partires das 22 h.
Dirixido a maiores de 16 anos.
Dificultade media
Campo de Fútbol Sta. Lucía - San Pedro - As Barras - Cruz de Burés - Cruz Nova - Devesa - Sta. Lucía.
ROTEIRO CAMPO MANEIRO-RÍO BELUSO:
Sábado, 28 de agosto.
Dirixido a maiores de 16 anos.
Dificultade media-baixa
Percorrerá camiños de Taragoña e Bealo.
ROTEIRO DAS FERVENZAS (Valga)
Sábado, 4 de setembro
Dirixido á 3ª idade
Dificultade baixa
No marco da programación do Verán Cultural 2010 organizada pola Área de Educación e Cultura e ao abeiro da Rede Cultural de Deputación da Coruña. o sábado 21 de agosto ás 22:30 horas, concerto a cargo da TOMBALOBOS ORQUESTRA.
Further information