Con motivo da Guadalupe 2010 e para dar cumprimento ó Decreto 103/2005 Técnico Sanitario de piscinas de uso colectivo, os horarios de apertura da instalación son os seguintes:
Recinto piscina pechado, do 11 ó 19 de setembro, ámbolos dous incluídos.
Horario Ximnasio:
Sábado 11: 10:00 – 13:00 h.
Domingo 12: 10:00 – 13:00 h.
Luns 13 a Xoves 16: 9:00 – 13:00/17:00 – 21:00 h.
Venres 17: 10:00 – 13:00 h.
Sábado 18: Pechado
Domingo 19: 10:00 – 13:00 h.
Further information
Como colofón do VI CICLO DE BANDAS DE MÚSICA, artellado conxuntamente entre a Escola de Música de Rianxo e a Área de Educación e Cultura do Concello, terá lugar o vindeiro venres 27 un concerto moi especial a cargo da Banda anfitriona.
No marco desta novidosa proposta, estrearase a obra "O JAZZ NA BANDA", peza creada e orquestrada polo saxofonista e compositor rianxeiro Roberto Somoza, por encargo da Escola de Música de Rianxo, a partires dun texto de Quinito L Mourelle e no que se narra a historioa dun adolescente e o seu encontro co mundo do Jazz.
Na posta en escea desta particular creación, participarán ademais da Banda, un quinteto de jazz (conformado por recoñecidos músicos neste ámbito), e outros colaboradores/as, que de seguro e un ano máis, nos han deleitar co seu bo facer artístico.
Este concerto porá tamén o punto final ás propostas culturais organizadas polo Concello de Rianxo, no marco do programa VERÁN CULTURAL 2010.
BANDA DE MÚSICA DE RIANXO
Dirección: RAFAEL COLLAZO
Saxofón Solista: ADRIÁN PAIS
Textos: QUINITO L. MOURELLE
Narración: BELÉN XESTAL
Músicos de Jazz:
Trompeta: JAVIER PEREIRO
Saxo Tenor: ROBERTO SOMOZA
Piano: ALFREDO SUSAVILA
Contrabaixo: GUSTAVO HERNÁN
Batería: BORJA GARCÍA
Further information
No marco da programación do Verán Cultural 2010 organizada pola Área de Educación e Cultura e ao abeiro da Rede Cultural de Deputación da Coruña. o sábado 21 de agosto ás 22:30 horas, concerto a cargo da TOMBALOBOS ORQUESTRA.
Further information
MÚSICA NA NOITE. Unha nova proposta musical a cargo do grupo DUPLO SON (funky-latin-jazz), terá lugar o vindeiro domingo 22 de agosto na Praza Castelao de Rianxo. Concerto organizado no marco da proramación VERÁN CULTURAL 2010 e ao abeiro da Rede Cultural promovida pola Deputación de A Coruña.
Further information
As NOITES FOLC voltan á Preza Castelao de Rianxo. Este vindeiro sábado 14 de agosto a eso das 22:30 horas, o Grupo AXOUXERE FOLK (Ordes) ofrecerá un concerto no marco da programación do Verán Cultural 2010 organizada pola Área de Educación e Cultura e ao abeiro da Rede Cultural de Deputación da Coruña.
Further information
Enmarcado no VI CICLO DE BANDAS, e organizado conxuntamente coa Escola de Música de Rianxo, o vindeiro domingo 8 de agosto ás 21:00 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo o derradeiro dos Concertos das Bandas convidadas nesta nova edición, a cargo da Banda Artística de Merza.
Further information
O próximo sábado 7 de agosto terá lugar ás 12:00 h no Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo, unha nova proposta de Animación á Lectura no marco do programa LETRAS VIVAS ANIMACION, promovido conxuntamente pola Consellería de Cultura e o Concello de Rianxo. Nesta ocasión trátase dun CONTO MUSICADO e a actividade estará a cargo da actriz e ilustradora MARISA IRIMIA, acompañada ao piano e violín por Juan Carlos Vazquez.
Further information
O Centro Coreográfico Galego trea a Rianxo un programa de difusión da danza actual galega mediante a escenificación de accións e improvisacións coreográficas a partir do espectáculo Etheria, a viaxe soñada.
O Vindeiro xoves 12 de agosto, ás 21:00 h. na Praza Castelao., terá lugar unha representación deste espectáculo no marco do programa CAMIÑOS EN DANZA, promovilo pola Consellería de Cultura e Turismo, a travérs do AGADIC e do XACOBEO 2010.
Further information