Concello de Rianxo
Inicio Mapa Web Contactar RSS
Venres, 10 de Setembro de 2010

Xeografía Física

Porto de Rianxo

Vista aérea de Rianxo

Orografía

O Concello conta cunha extensión de 58,99 km2 . As marxes Sur e Oeste son costeiras, con abundantes zonas de praia e outras rochosas e de cantís. Presenta dous grandes grupos montañosos entre os que discorre o amplo val do Río Te. Ó norte, os montes do Treito, cunha altura máxima de 678 m. no Pico Muralla, no extremo máis septentrional. Ó leste, entre as parroquias de Isorna, Leiro e Asados, os montes da Lioira (276 m.) e A Pena (218 m).

Clima

Tipo atlántico húmido, con invernos suaves e veráns frescos. Temperatura media máxima en xullo (21º) e mínima en xaneiro (9º). A temperatura no mar oscila entre os 12º e os 20º. Vexetación variada, predominando monte de pino e eucalipto, monte baixo de silva, xesta e toxo, e zonas de carballos, salgueiros, aveleiras e castiñeiros sobre todo preto dos ríos. Predominan os ventos do Suroeste, húmidos no inverno e secos no verán, e o Nordés, frío e seco. Rianxo presenta unha variedade hiperhúmida anque con tendencia a unha maior aridez estival, marca dunha transición climática cara ás Rías Baixas.

Icona de conformidade co Nivel Dobre-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI Consellería de Innovación e Industria ©2007 Concello de Rianxo | Aviso legal | Contactar | Créditos | Castellano | English