Concello de Rianxo
Inicio Mapa Web Contactar RSS
Xoves, 09 de Setembro de 2010

Atrás Actualidade

PREESCOLAR NA CASA

24 novembro 2009(Publicado por: Servizos Sociais)

O vindeiro mes de decembro vai dar comezo o programa preescolar na casa. Os destinatarios son as familias con nenas e nenos de 0 a 3 anos.

A Fundación Preescolar na Casa vai desenvolver este programa onde pretende crear concienciación da importancia do papel dos pais e nais
á hora de apoiar o crecemento e desenvolvemento da criatura.

Serán sesións cunha orientadora nas que se intercambiaran experiencias, dáranse pautas para reforzar e modificar actitudes e reflexionarase
sobre vivencias cotiás. Ademais realizaranse dinámicas grupais nas que participarán os pais e nais xunto cos nenos e nenas.

Estas sesións serán dous martes ó mes en horario de 10:30 a 12:30 na Casa da Cultura. Auditorio.

Para máis información e inscrición:
Servicios Sociais Comunitarios Básicos (Crta de Tanxil, 12). Tlfn:981 860 061. Correo: edufamiliar@rianxo.com
www.preescolarnacasa.org   correo: correo@preescolarnacasa.org

Icona de conformidade co Nivel Dobre-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI Consellería de Innovación e Industria ©2007 Concello de Rianxo | Aviso legal | Contactar | Créditos | Castellano | English