Concello de Rianxo
Inicio Mapa Web Contactar RSS
Xoves, 09 de Setembro de 2010

Atrás Actualidade

Curso de Capacitación e Coidados da Infancia

31 marzo 2010(Publicado por: Servizos Sociais)

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Rianxo dentro das actividades que organiza durante este ano, subvencionadas pola Deputación da Coruña, vai desenvolver formación para mulleres desempregadas.

Será un Curso de Capacitación e Coidados da Infancia  tendo unha duración de 40 horas. Realizarase na Casa da Cultura. Auditorio de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas dende o 26 de Abril ata o 7 de Maio. Algúns dos temas a tratar serán: etapas e desenvolvemento dos menores, alimentación e nutrición, normas e pautas de convivencia, accidentes infantís etc.

A data límite para inscribirse será o 22 de Abril habendo límite de prazas. É necesaria a tarxeta de demandante de emprego.
Para máis información e inscrición acudir a Servizos Sociais (crta de tanxil, 12) ou ben chamar ao 981 860 061.

Tamén se pode descargar dende aquí a ficha de inscrición [PDF].

Icona de conformidade co Nivel Dobre-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI Consellería de Innovación e Industria ©2007 Concello de Rianxo | Aviso legal | Contactar | Créditos | Castellano | English