Resolución do 7 de maio de 2010, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan
estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non comportadidas (DOG nº 88 do 11/05/2010).Ten por obxecto facilitarlles ás mulleres que teñan fillas ou fillos menores exclusivamente ao seu cargo un espazo e un tempo
de lecer.
Requisitos:
# Ter fillas e/ou fillos a cargo exclusivamente con idades comprendidas entre os 2 e 12 anos, inclusive.
# Estar domiciliadas na comunidade autónoma de Galicia e, no caso de mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia.
# Dispoñer dunha renda que, tendo en conta todos os ingresos do conxunto da unidade familiar, divididos polo número de
membros que a compoñen, non supere o SMI (salario mínimo interprofesional).
# Non padecer ela nin as fillas e/ou fillos que a acompañen, enfermidade que requira illamento e/ou que impida a normal
convivencia.
Documentación:
#
Solicitude (anexo I).
# Informe social no que figuren as persoas dependentes da solicitante.
# No caso de solicitantes extranxeiras, copia cotexada da tarxeta de residencia.
# Copia cotexada do libro de familia ou documento no que figuren as fillas e/ou fillos da solicitante.
# Declaración do IRPF correspondente ao ano 2008. De non ter obriga de facela, presentarán certificado de rendas expedido
pola AEAT e declaración responsable da situación económica da interesada, cos documentos acreditativos que o xustifiquen.
# Informe médico, tanto das mulleres como dos menores, no que conste que non padecen ningunha enfermidade que requira
illamento e/ou impida a normal convivencia.
# Informe médico ou, se é o caso, dos servizos sociais, referido ás persoas dependentes da solicitante.
# Outra documentación acreditativa das situacións de especial necesidade ( tarjeta de demandante de emprego, informes e
certificacións dos servizos sociais municipais, centros de información ás mulleres, responsable do centro de acollida,
servizo de emprego...)
Prestacións:
# Estadías de 8 días ( 7 noites) en réxime de pensión completa preferentemente entre finais de xuño e principios de xullo.
# Os gastos de aloxamento, manutención, monitoras e transporte desde o seu concello de orixe serán gratuítos para
as persoas beneficiarias.
# As mulleres seleccionadas irán acompañadas das súas fillas/os menores, sempre que estas/es se atopen en idades
comprendidas entre os 2 e 12 anos, ambos os dous inclusive.
Prazo de presentación:
Ata o 11 de Xuño de 2010.
Para máis información:
Servizos Sociais (crta. de tanxil, 12)
Tlfns: 981860061/981107596
Correo-e: educacionfamiliar@concelloderianxo.es