Concello de Rianxo
Inicio Mapa Web Contactar RSS
Xoves, 09 de Setembro de 2010

Atrás Actualidade

CHEQUE INFANTIL

16 xuño 2010(Publicado por: Servizos Sociais)

A Consellería de Traballo de Benestar ven de publicar a Orde pola que se regulan as AXUDAS ECONÓMICAS PARA A ATENCIÓN DA PRIMEIRA INFANCIA a través do CHEQUE INFANTIL en escolas infantís non sostidas con fondos públicos (D.O.G. nº 111, 14/06/2010).

BENEFICIARIOS/AS
Persoas que teñen ao seu cargo menores de 0 a 3 anos e:
    •Non resultaran adxudicatarias de praza en escola infantil sostida con fondos públicos.
    •Que fosen beneficiarias/os o curso anterior.
    •Soliciten praza en horario de tarde.

REQUISITOS
    •Ter un neno/a a cargo nacido/a con posterioridade a 31/12/2007.
    •Non dispoñer doutras axudas coa mesma ou análoga finalidade.
    •Que a renda per cápita mensual da unidade familiar non supere 1.000 €.
OS SOLICITANTES DE NOVA ADXUDICACIÓN:
    •Ter cumprido o/a neno/a 3 meses na data de ingreso.
    •Que exista dispoñibilidade de praza nos centros participantes.
    •Non obter praza nunha escola infantil 0-3 sostida con fondos públicos.

DOCUMENTACIÓN
    -Fotocopia cotexada do Libro de Familia da persoa solicitante.
    -Xustificante de ocupación ou desemprego e dos recursos familiares.
    -Outros documentos nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais.
Se o/a solicitante fose beneficiario/a no curso 2009/2010, só terá que presentar a solicitude simplificada e
documentación xustificativa dos ingresos familiares.

Prazo: Ata o 14 de xullo de 2010.

Máis información:
Servizos Sociais Básicos Comunitarios (crta. de tanxil, 12 Rianxo)
Tlfn: 981 860 061/981 107 596
Correo-e: servizos.sociais@concelloderianxo.es

Icona de conformidade co Nivel Dobre-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI Consellería de Innovación e Industria ©2007 Concello de Rianxo | Aviso legal | Contactar | Créditos | Castellano | English