Concello de Rianxo
Inicio Mapa Web Contactar RSS
Venres, 10 de Setembro de 2010

Programas Básicos

programa de orientación, asesoramento e información.-
Ten por obxecto informar ós/ás ciudadáns sobre os distintos dereitos e recursos en materia de servizos sociais, así como orientar e asesorar ás persoas e grupos afectados por problemáticas específicas, diagnosticar
a situación e derivalos, se é necesario, ós servizos sociais especializados.

servizo de axuda a domicilio (sad).-
Ten por obxecto prestarlles un conxunto de atencións (persoal, psicosocial e educativo, doméstico e técnico) desde unha perspectiva integral e normalizadora a individuos e familias no seu domicilio, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía, por motivos de índole física, psíquica ou social, facilitando a permanencia no seu propio entorno e mellorando a súa calidade de vida.

teleasistencia domiciliaria.-
Aquelas persoas maiores de 65 anos, ou menores discapacitadas, en situación de risco e dependencia que vivan soas ou con outras persoas de similares características, poden solicitar a teleasistencia domiciliaria, que consiste nunha pulseira ou medallón conectado á rede telefónica, que da unha resposta inmediata ante situacións de emerxencia.

programa de insercion social.-
Ten como obxecto a prevención das situacións de marxinación e as súas causas e a integración e participación no medio social das persoas ou grupos máis desfavorecidos, afectados polas diferentes formas de exclusión e marxinación social. Para máis información sobre programas concretos, premer nos seguintes enlaces:
a.
emerxencia social
b. renda de inserción social galega (risga):


Información:
Horario de atención ó Público: De luns a xoves de 9 a 12
Técnico Responsable: Traballadora Social
E-mail: atprimaria@rianxo.com

Icona de conformidade co Nivel Dobre-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI Consellería de Innovación e Industria ©2007 Concello de Rianxo | Aviso legal | Contactar | Créditos | Castellano | English