PROGRAMAS
PROGRAMA DE EDUCACIÓN FAMILIAR.-
Consiste na intervención, por parte de persoal especializado, con familias nas cales se detectan carencias competenciais nas súas funcións parentais, como consecuencia da perda de referentes estables e das funcións que tiña asignadas, sendo o fin último desta intervención a integración social e mellora da calidade de vida das familias.
Os obxectivos son: potenciar a autonomía das familias; favorecer a integración de todos os membros da unidade familiar no seu contorno social; posibilitar a intervención profesional individualizada coas familias con menores ó seu cargo, persoas con dependencia, discapacitados ou calquera outra situación familiar que poida desembocar nunha situación de risco ou dificultade social; e, prestar apoio e colaboración na capacitación dos adultos que deesempeñan roles parentais para desenvolverse axeitadamente no autocoidado, coidado e educación dos fillos/as e a atención, organización e mantemento do fogar.
Información:
Horario de atención ó Público: De luns a venres de 9 a 13
Técnico Responsable: Educadora Social
E-mail: educacionfamiliar@concelloderianxo.es
ACTIVIDADES:
OBRADOIRO DE ESCOLA DE NAIS/PAIS.-
Obradoiro dirixido ós pais/nais co fin de proporcionar estratexias, destrezas e recursos prácticos que lle axuden a mellorar as condicións para un óptimo desenvolvemento dos seus fillos/as a nivel de educación, socialización e maduración. A psicoloxía evolutiva, o entorno familiar, a autoestima, o fomento da responsabilidade, o xogo, os estudos dos menores, efectos dos medios de comunicación, violencia escolar, etc, foron módulos desenvolvidos
CALENDARIZACIÓN: A determinar polo departamento.
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: Dpto. Servizos Sociais (Tlf: 981 860 061). E-mail: educacionfamiliar@concelloderianxo.es
OBRADOIRO DE RESOLUCION DE CONFLICTOS NA FAMILIA.-
Os contidos están estructurados en 6 sesións e versarán sobre aspectos tales como: a tensión no interior da familia, tipos de autoridade, natureza e tipos de conflicto, estratexias para chegar a acordos: negociación e mediación, e técnicas de autocontrol emocional.
CALENDARIZACIÓN: A determinar polo departamento.
INSCRICIÓNS E INFORMACIÓN: Dpto. Servizos Sociais do Concello de Rianxo (Tlef: 981 860 061)
PRESTACIÓNS SOCIOECONÓMICAS
TITULO DE FAMILIA NUMEROSA.-
Considérase familia numerosa a integrada por un ou dous ascendentes con tres ou máis fillos, sexan ou non comúns, ou con dous fillos sempre que alomenos un sexa discapacitado. Contabilízanse os fillos/as menores de 21 anos ou menor de 25 se están cursando estudos, ou discapacitados sen límite de idade.
Impreso de solicitude/renovación do Título de Familia Numerosa [PDF]
CARNÉ FAMILIAR.-
O Carné Familiar é unha tarxeta persoal e intransferible ó dispor dos membros das familias numerosas, coa que van obter vantaxes ou descontos nos establecementos colaboradores en toda Galicia.
Impreso de solicitude do Carné Familiar. [DOC]
AXUDA DE LEITE GRATUITO POR PARTO MULTIPLE OU FAMILIA NUMEROSA.-
Consiste na achega gratuíta de certa cantidade de leite. Leite de Inicio: entrega dun vale canxeable en calquera farmacia por 6 botes de Leite Almirón 1 e 6 cereais sen glute marca Nutricia por cada fillo a partir do segundo. De leite enteiro: entrega de vales canxeables por valor de 216 litros de leite Río Calcio.
Poderán ser beneficiarias: As familias nas que se produza un parto múltiple (Nos primeiros meses de vida dos seus fillos terán dereitos á achega do leite de inicio e cando cumpran un ano de idade á do leite enteiro), e as familias numerosas (terán dereito á achega de leite enteiro a partir de que o/a neno/a cumpra un ano de vida).
Impreso solicitude axuda leite fam_num. [DOC]
PRESTACIÓN POR FILLO MENOR A CARGO.-
A Consellería de Traballo e Benestar a través da Orde do 3 de maio de 2010 ven de establecer as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2010.
REQUISITOS:
Se o/a solicitante recibise a prestación familiar por fillo menor a cargo no ano 2009, só terá que presentar a solicitude formalizada no modelo oficial (ANEXO I) ou ben obter a solicitude cuberta no enderezo:
http://www.xunta.es/aplicacions/pfc
PRAZO:
AXUDAS Á CONCILIACION DA VIDA FAMILIAR E LABORAL: REDUCCION XORNADA DE TRABALLO.-
A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar ven de convocar axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo. (DOG nº 64 de 3/04/2008).
BENEFICIARIOS/AS:
DOCUMENTACION:
PRAZO DE PRESENTACIÓN: Ata o 31 de agosto de 2008.
INFORMACION: Servizos Sociais do Concello de Rianxo (Carretera de Tanxil, 12 Tlf:981 860 061) DOGA nº 64 de 3/04/2008
AXUDAS MUNICIPAIS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS (E.I.) E MATERIAL ESCOLAR (E.P., E.S.O.).-
As axudas para a adquisición de material escolar van destinadas a aqueles alumnos/as que cursando estudos nos tramos de ensino obrigatorio e gratuíto e por tanto, excluídos da convocatoria estatal de becas, ó dispor de baixas rendas familiares para afrontar os gasto de educación, necesitan dun apoio especial para garantir a plena gratuidade do seu dereito á educación. As axudas para a adquisición de libros de texto van destinadas a aqueles alumnos que debido ós cursos que realicen non teñan os libros de texto gratuítos.
Poderán optar a estas axudas os alumnos/as de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria, empadroados/as no Concello de Rianxo.
Prazo da convocatoria 2010: A determinar polo departamento.