CURSO COIDADOS PALIATIVOS NA DEMENCIA DEXENERATIVA
Os Servizos Sociais do Concello de Rianxo en colaboración con AGADEA, organiza un curso formativo de coidados paliativos nas demencias dexenerativas.
CONTIDOS:
CALENDARIZACIÓN:
LUGAR: CEIP Castelao.
DURACION: 60 Horas.
XORNADA: ALIMENTACION E MAIORES
Os Servizos Sociais do Concello de Rianxo organiza unhas xornadas sobre Alimentación e Saúde.
As xornadas van dirixidas a toda a poboación rianxeira.DATA: VENRES 18 e 25 DE Abril
HORA: 17:30
LUGAR: CUARTEL VELLO
INFORMACIÓN: Servizos Sociais do Concello de Rianxo, Tlf: 981 860 061; E-mail: maiores@rianxo.com
TALLER DE MEMORIA.-
O Concello de Rianxo imparte un taller de Memoria no núcleo urbano de Rianxo, e nas parroquias de Asados, Isorna e Taragoña. Os/as interesados/as en participar, poderán inscribirse no lugar de celebración da actividade, ou neste departamento municipal.
CURSO DE INFORMÁTICA PARA MAIORES.-
Preténdese con este curso, achega-las novas tecnoloxías ás persoas maiores así como fomenta-lo seu uso, adquirindo uns coñecementos básicos e mellorando a comunicación inter e intraxeracional.
Consiste nunha aula itinerante que percorre tódalas parroquias do noso concello.
Calendarización:
Taragoña e Leiro: Novembro / Decembro 07.
Araño e Isorna: Xaneiro 2008 - aberta inscrición.
Asados: Febreiro 2008 -aberta inscrición.
Rianxo: Marzo 2008 - aberta inscrición
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS E COMUNICATIVAS.-
Con este obradoiro preténdese incrementa-las habilidades sociais e comunicativas das persoas maiores; aumentando a súa autoestima para favorece-lo autocoñecemento e a autoimaxe. Do mesmo xeito tamén se tenta sensibilizar sobre os mitos ocultos na vellez.
Calendarización:
Asados e Isorna: Novembro / Decembro 07.
Taragoña, Asados e Rianxo: Xaneiro 2008 - aberta inscrición
O Concello de Rianxo organiza dúas comidas da Terceira Idade durante o ano: A tradicional comida de Antroido e a conmemoración do "Día dos Nosos Maiores" na festa da Guadalupe.
SERVIZOS
ATENCIÓN Á TERCEIRA IDADE.-
O Concello de Rianxo pon en marcha un servizo de Atención á Terceira Idade a través dunha serie de actividades de carácter preventivo e de ocio, para fomentar un futuro saudable dos e das nosas maiores. O principal obxectivo é o desenvolvemento integral das persoas maiores e a súa participación activa na sociedade.
Dentro das actividades a programar, ofertaranse próximamente os seguintes talleres: Habilidades Sociais e Comunicativas; Educación para a Saúde e Hábitos Nutricionais; e, Prevención de Riscos no Fogar. Tamén se ofertarán periódicamente excursións con fins culturais que difundiremos neste espazo.
Información:
Horario de atención ó Público: De luns a venres de 9:00 a 13:00
Técnico Responsable: Pedagoga e Educadora Social
E-mail: maiores@rianxo.com
PROGRAMAS
PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL 2008.-
O Instituto de Maiores e Servizos Sociais ven de publicar a convocatoria de prazas para participar no Programa de Termalismo Social para o ano 2.008.
REQUISITOS
PRAZOS:
SOLICITUDE:
Información:
Horario de atención ó Público: De luns a xoves de 9:00 a 12:00
Técnico Responsable: Traballadora Social
E-mail: atprimaria@rianxo.com
PROGRAMA DE VACACIONS PARA MAIORES.-
É un programa social de vacacións destinadas ás persoas maiores co obxectivo de facilitar a incorporación deste colectivo ás correntes turísticas. O concello de Rianxo ten suscrito un convenio co IMSERSO, polo que aquelas persoas que se acollen a este programa, o Concello faise cargo dunha porcentaxe do prezo do billete, así como do custo dos autobuses para traslados (ida e volta) ó aeroporto galego de partida.
REQUISITOS:
Prazo: O prazo de solicitude 2008 abrirase previsiblemente no 2º trimestre do ano 2008.
Información:
Horario de atención ó Público: De luns a Venres de 9:30 a 13:30
Técnico Responsable: Pedagoga
E-mail: maiores@rianxo.com
PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL PARA PERSOAS MAIORES.-
Consiste nuns días de vacacións e descanso en zonas turísticas, balnearios, etc., situados en Galicia, noutras comunidades autónomas ou cabildos insulares do Estado.
Beneficiarios:
Persoas maiores de 65 anos ou maiores de 60 reunindo a condición de pensionista (tamén os seus cónxuxes ou os que acrediten relación análoga á conxugal sin límite de idade).
Requisitos:
Prazo: pechada convocatoria 2007
Información:
Horario de atención ó Público: De luns a xoves de 9:00 a 12:00
Técnico Responsable: Traballadora Social
E-mail: atprimaria@rianxo.com
PRESTACIONS SOCIOECONOMICAS
AXUDAS INDIVIDUAIS PARA PERSOAS MAIORES E PERSOAS CON DISCAPACIDADE PARA FACILITAR A AUTONOMÍA PERSOAL E A ACCESIBILIDADE.-
Consiste en axudas para a adaptación e eliminación de barreiras en vehículos, axudas para órtese e próteses, e axudas técnicas.
Beneficiarios/as:
Prazo: pechada convocatoria 2007
Información:
Horario de atención ó Público: De luns a xoves de 9:00 a 12:00
Técnico Responsable: Traballadora Social
E-mail: atprimaria@rianxo.com
CHEQUE ASISTENCIAL PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES.-
Axuda económica para persoas maiores que, debido a unha situación de severa ou gran dependencia, precisan doutra persoa para desenvolverse na vida cotiá e teñen gastos extraordinarios derivados da súa atención e coidado.
Beneficiarios/as:
Persoas maiores de 65 anos que padezan unha dependencia física ou psíquica que lle faga precisar doutra persoa para realizar as actividades esenciais da vida diaria.
Requisitos:
Prazo: pechada convocatoria 2007
Información:
Horario de atención ó Público: De luns a xoves de 9:00 a 12:00
Técnico Responsable: Traballadora Social
E-mail: atprimaria@rianxo.com
INGRESO EN CENTROS DE ATENCIÓN A PERSONAS MAIORES.-
Tramitación da solicitude de ingreso ou traslado a unha das Residencias de Persoas Maiores dependentes da Xunta de Galicia.
Beneficiarios/as: Persoas maiores de 60 anos
Requisitos :
Prazo: aberto todo o ano.
Información:
Horario de atención ó Público: De luns a xoves de 9:00 a 12:00
Técnico Responsable: Traballadora Social
E-mail: atprimaria@rianxo.com