Concello de Rianxo
Inicio Mapa Web Contactar RSS
Xoves, 09 de Setembro de 2010

Muller

SERVIZOS

SERVIZO DE ASESORAMENTO SICOLÓXICO.-
Trátase dun servizo gratuito e anómino, no que se garantiza a confidencialidade da información, co fin de orientar ás mulleres rianxeiras e asesoralas sicolóxico nos seguintes eidos: Violencia doméstica e malos tratos; agresións, abuso e acoso; separación e abandono de fogar; mediación familiar: conflictos na parella e pais/fillos-as; e calquer outra persoal, familiar e laboral que precisen de asesoramento sicolóxico.
Información:
Horario de atención ó Público: De luns a venres de 9 a 12
Técnico Responsable: Psicóloga
E-mail: muller@rianxo.com

SERVIZO DE ASESORAMENTO XURÍDICO.-

Trátase dun servizo gratuito e anómino, no que se garantiza a confidencialidade da información, co fin de orientar ás mulleres rianxeiras e asesoralas xurídicamente nos seguintes eidos: separación matrimonial, ameazas, agresións e a súa denuncia, sentenzas incumpridas; dereitos das traballadoras; outras situacións persoais, familiares e/ou laborais que necesitan asesoramento xurídico.
Información:
Horario de atención ó Público: Mércores de 10:30 a 12:00
Técnico Responsable: Asesor Xurídico
E-mail: muller@rianxo.com

TELEASISTENCIA MÓBIL PARA VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO.-

Trátase dun móbil, totalmente gratuíto, que se lle concede ás vítimas de violencia de xénero que presenten unha orde de protección ou sentenza xudicial. O obxectivo é previr agresións por parte do seu cónxuxe ou parella, estando localizadas en todo momento mediante un localizador GPS as 24 horas do día, os 365 dias do ano. Permite o contacto con persoal preparado para darlle unha resposta a unha crise prantexada.
Información:
Horario de atención ó Público: De luns a venres de 9 a 12
Técnico Responsable: Psicóloga
E-mail: muller@rianxo.com

XESTIÓN E TRAMITACIÓN DO INGRESO EN CASA DE ACOLLIDA.-
Este servizo informará e tramitará o ingreso na casa de acollida daquelas mulleres vítimas de violencia de xénero.
Información:
Horario de atención ó Público: De luns a venres de 9 a 12
Técnico Responsable: Psicóloga
E-mail: muller@rianxo.com

PRESTACIONS

XESTIÓN E TRAMITACIÓN DE AXUDAS ECONÓMICAS PARA VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO (SALARIO DA LIBERDADE).-

Beneficiarias:
Mulleres que, acreditando unha situación de convivencia que as poña en risco de sufrir violencia de xénero, se atopen nunha situación que lles impida afrontar o seu futuro dun xeito autónomo e independente do seu agresor.

Requisitos:

  • Ser muller, maior de idade ou emancipada.
  • Residir en Galicia. As beneficiarias quedan obrigadas a manter a residencia na comunidade autónoma durante a percepción da prestación e a comunicar previamente calquera cambio de enderezo durante o mesmo período.
  • Acreditar a situación de violencia derivada de convivencia.
  • Non dispoñer de recursos económicos, ou ser de contía insuficiente para afrontar unha independencia inmediata do seu agresor.
  • Non ter percibido esta axuda con anterioridade.

Contía das prestacións:

  • 600 €/mes cando a beneficiaria perciba rendas de contía igual ou inferior ao IPREM ou ten unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
  • 400 €/mes cando perciba rendas superiores ao IPREM e iguais ou inferiores ao dobre do IPREM.
  • 200 €/mes cando perciba entre o dobre e o triplo do IPREM.
  • O anterior, incrementarase en 50 €/mes por cada fillo/a menor de idade a cargo.
Prazo: Ata o 30 de novembro de 2008.


Información:
Horario de atención ó Público: De luns a venres de 9 a 12
Técnico Responsable: Psicóloga
E-mail: muller@rianxo.com

LIGAZÓNS:
DIPTICO INFORMATIVO DAS AXUDAS 2008 DO SGI

 

XESTIÓN E TRAMITACIÓN DE AXUDAS ECONÓMICAS PARA VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO (PAGAMENTO ÚNICO).-

Beneficiarias:

Mulleres vítimas de violencia de xénero con insuficiencia de recursos acreditada e dificultades especiais para obter un emprego.

 

Requisitos:

  • Ser muller, maior de idade ou emancipada.
  • Carecer de rendas que, en cómputo mensual, superen o 75% do SMI vixente.
  • Ter especiais dificultades para obter un emprego.
  • Ter vixentes as medidas de protección establecidas nunha orde de protección, informe do Ministerio Fiscal ou sentenza xudicial.
  • Non ter percibido esta axuda con anterioridade

Documentación:

  • Copia compulsada do DNI da solicitante.
  • Certificado de empadroamento.
  • Acreditación da conta bancaria.
  • Acreditación de discapacidade da solicitante e dos familiares, se é o caso, co certificado de minusvalidez.
  • Acreditación de fillos a cargo: libro de familia e informe dos servizos sociais ou sentenza xudicial de custodia ou da tarxeta da Seguridade Social da beneficiaria.

Prazo: 30 de novembro de 2008.

Información:
Horario de atención ó Público: De luns a venres de 9 a 12
Técnico Responsable: Psicóloga
E-mail: muller@rianxo.com

ACTIVIDADES

SEMINARIO DE CORRESPONSABILIDADE
O Concello de Rianxo organiza un Seminario de Corresponsabilidade onde se impartirá contidos sobre labores domésticas tradicionais e labores de mantemento no fogar.

PARTICIPANTES: Homes e mulleres maiores de 18 anos.
CONTIDOS:

  • Colada e coidado da roupa, pasa-lo ferro, costura, limpeza do fogar, e cociña.
  • Bricolaxe: Pintura, e pequenas reparacións eléctricas e de fontanería.

CALENDARIZACION: 15,18,22,25 e 29 de abril e 6,9,13,16 e 20 de maio
HORARIO: De 17:30 a 19:30

INSCRICIONS: Ata o 7 de Abril. No Dpto. de Servizos Sociais, Tlf: 981860061; E-mail: igualdade@rianxo.com

CELEBRACIÓN DO DIA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA - 8 MARZO 2008
Co gallo da celebración do Día da Muller Traballadora, o Dpto de Servizos Sociais organiza unha serie de actividades dirixidas a mulleres e nenos/as.

  • CIRCUITO TERMAL no Balneario do Concello de Brion.
    • Días: 1 e 15 de Marzo.
    • Destinatarias: mulleres rianxeiras maiores de 18 anos.
    • Itinerario: Circuito termal, Comida e Visita a exposición.
    • Información e Inscricións: Do 25 ó 28 de Febreiro e do 3 ó 6 de Marzo no Dpto. de Servizos Sociais (Carretera de Tanxil, 12 - Tlf: 981 860 061 - E-mail: igualdade@rianxo.com).
  • OBRADOIROS DE IGUALDADE. Actividade lúdico-educativa dirixida a nenos/as de 7 a 12 anos. Entrada libre e gratuíta (non se require inscrición previa). Horario e lugar: De 17:30 a 19:00 nos seguintes locais sociais das parroquias:
    • Luns 3 na "Casa de Concha" no Araño
    • Martes 4 no Centro Cultural de Taragoña
    • Mércores 5 no Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro
    • Xoves 6 nas Aulas Vellas de Asados
    • Venres 7 no Centro Cultural Faustino Rey Romero de Isorna
    • Venres 7 na Aula da Biblioteca en Rianxo

Icona de conformidade co Nivel Dobre-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI Consellería de Innovación e Industria ©2007 Concello de Rianxo | Aviso legal | Contactar | Créditos | Castellano | English