Concello de Rianxo
Inicio Mapa Web Contactar RSS
Xoves, 09 de Setembro de 2010

Migración


SERVIZOS


SERVIZO DE ASESORAMENTO XURÍDICO.-
O Concello de Rianxo pon ó servizo da comunidade de inmigrantes empadronados no concello, un servizo de asesoramento xurídico sobre os seguintes eidos:

  • Normativa e problemática sobre a entrada, saída, tránsito e estancia en España (prórroga e extinción) e os supostos de visados.
  • Normativa e problemática sobre os supostos de residencia (temporal, temporal e traballo –por conta propia e allea- e permanente) e de prórroga de residencia.
  • Normativa e problemática sobre a reagrupación familiar.
  • Normativa e problemática para os supostos de empadroamento e seguridade social.
  • Normativa e problemática dos supostos de adquisición da nacionalidade española.
  • Normativa e problemática sobre o beneficio de xustiza gratuíta para litigar.
  • E en xeneral, información e asesoramento sobre tódolos aspectos de tipo xurídico-social que rodean a vida destas persoas no Concello de Rianxo (familiares, laborais, civís, penais, mercantís, administrativos, fiscais.
Información:
Horario de atención ó Público: Mércores de 10:30 a 12:00
Técnico Responsable: Asesor Xurídico


Icona de conformidade co Nivel Dobre-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI Consellería de Innovación e Industria ©2007 Concello de Rianxo | Aviso legal | Contactar | Créditos | Castellano | English