PROGRAMAS
UNIDADE PREVENCIÓN DROGODEPENDENCIAS DOS CONCELLOS DE BOIRO-RIANXO
Os Concellos de Boiro - Rianxo manteñen dende 1997 un Convenio de cooperación para a cofinanciación de programas en materia de Prevención de Drogodependecias coa Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde.
Neste sentidoestanse a realizar programas en materia de prevención, nos ámbitos de información- formación, ámbito escolar, ámbito familiar e ámbito xuvenil.
Con este programa reálzanse os factores de protección ensinando ós pais estratexias para mellora-la comunicación familiar e a disciplina (ensinarlles a establecer regras). Realizaranse sesións formativas para fomentar as habilidades educativas e de comunicación no seo familiar, incrementar o sentido de competencia dos pais/nais e a súa capacidade para a resolución de problemas e de conciencialos da importancia que teñen sobre a educación dos seus fillos.
INTERVENCIÓN SOCIOEDUCATIVA NOS IES DE BOIRO E RIANXO
Programa Cinensino : dirixido a alumnos de 1º ciclo da ESO. Este programa utiliza como soporte base o cinema; mediante a proxección dunha película irase profundizando e traballando en diferentes temas de interese relacionados coa prevención do consumo de drogas.
Programa: A experiencia de educar para a saúde na escola: dirixido a tódolos ciclos do ensino. Trabállanse unha serie de cuadernillos para cada alumno de infantil, primaria e secundaria e fichas para traballar os titores na aula.
Educación en valores: dirixido ós alumnos de educación primaria e secundaria en onde se tratarán diversos aspectos como: Trastornos alimenticios, habilidades sociais, alcol, consumo de tabaco, o perigoso mundo das drogas, etc.
INTERVENCION NAS AUTOESCOLAS: ALCOL E CONDUCCION
Realizáronse unha serie de talleres nas autoescolas para influír de forma directa e positiva na actitude dos xóvenes ante estas cuestións.
PROGRAMACION XUVENIL
Esta programación vai dirixido a aqueles xóvenes que xa abandonaron á educación regrada que non acadaron os obxectivos da ESO. Neste sentido estamos a facer uns talleres que denominamos “ O perigoso Mundo das drogas”
PROGRAMACION COMUNITARIA
Neste sentido estase a preparar unha Mesa Redonda, para a poboación en xeral, onde se poida analizar e reflexionar sobre o concepto de DROGA, e toda a problemática que ela conleva. Analizarase en profundidade o fenómeno do Botellón.
PRESTACIÓNS
PROGRAMA DE AXUDA Ó TRANSPORTE
O Concello de Rianxo ten establecidas axudas mediante bonos de transporte para aquelas persoas que acudan a un Programa de Deshabituación de Drogodependencias na UAD de Riveira.
Información:
Horario de atención ó Público: De luns a venres de 9:30 a 13:30
Técnico Responsable: Pedagoga
E-mail: drogodependencias@rianxo.com