Concello de Rianxo
Inicio Mapa Web Contactar RSS
Sábado, 31 de Xullo de 2010

Atrás Xornal dixital

Campaña de Verán

10 marzo 2010(Publicado por: Servizo de Información e Animación Xuvenil)

Xa está aberto o prazo para inscribirte nos Campamentos e Actividades de Verán 2010, programa dirixido a mozos de entre 9 e 35 anos e que se desenvolvera entre o vindeiro 15 de xuño ata o 30 de setembro. O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 23 de marzo.

A Campaña de Verán ofrece a posibilidade de que a mocidade poida participar, individualmente ou en grupo, nalgún dos seguintes programas:

- Programas de actividades que se realizarán en Galicia.

- Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.

- Campos de traballo en Galicia.

- Campos de traballo noutras comunidades autónomas.

- Campos de traballo no estranxeiro.

Si desexas máis información ou inscribirte, pincha aquí ou pásate polo Servizo de Información e Animación Xuvenil do Concello.

Icona de conformidade co Nivel Dobre-A, das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI Consellería de Innovación e Industria ©2007 Concello de Rianxo | Aviso legal | Contactar | Créditos | Castellano | English