Rianxo Town Council
Home Site map Contact RSS
Thursday, 09 de September de 2010

Digital Newspaper

Selet date
Selet date
Result per page   Page 1 of 83  next

Horarios de Aluguer desde o 1 ó 9 de setembro [Content available only in Galician]

3 september 2010(: Servizo de Deportes)

Están publicados na sección de deportes/instalacións/horarios de reserva desta web os horarios de aluguer dos pavillóns dende o 1 ó 9 de setembro.
Os pavillóns pódense reservar para a práctica de diversos deportes como son o tenis, fútbol sala, baloncesto, badminton, balonmán...

Modificación horarios piscina no mes de setembro [Content available only in Galician]

2 september 2010(: Servizo de Deportes)

Con motivo da Guadalupe 2010 e para dar cumprimento ó Decreto 103/2005 Técnico Sanitario de piscinas de uso colectivo, os horarios de apertura da instalación son os seguintes:

Recinto piscina pechado, do 11 ó 19 de setembro, ámbolos dous incluídos.

Horario Ximnasio:
Sábado 11: 10:00 – 13:00 h.
Domingo 12: 10:00 – 13:00 h.
Luns 13 a Xoves 16: 9:00 – 13:00/17:00 – 21:00 h.
Venres 17: 10:00 – 13:00 h.
Sábado 18: Pechado
Domingo 19: 10:00 – 13:00 h.

Further informationFurther information

Contrato de obra: Medidas de aforro enerxético en alumeados en diversos puntos do concello [Content available only in Galician]

1 september 2010

Por Decreto de Alcaldía nº 1279/2010 de 27/08/2010, aprobouse a adxudicación provisional do contrato de obra : “Medidas de aforro enerxético en alumeados en diversos puntos do concello”, o que se publica consonte ao Prego e aos efectos do artigo 135.3 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público:

Further informationFurther information

Obradoiros para Pais e Nais [Content available only in Galician]

31 august 2010(: Servizos Sociais)

O Equipo de prevención do Concello de Rianxo pon en marcha dous Obradoiros dirixidos a Pais e Nais:
1.Resolución de Conflictos na Familia do 27 ó 30 de setembro
2.Saúde en Rede do 4 ó 7 de outubro.

Further informationFurther information

Concerto “O JAZZ NA BANDA” - Venres 27 agosto, 21:30 H – Auditorio [Content available only in Galician]

24 august 2010(: Área de Cultura)

Como colofón do VI CICLO DE BANDAS DE MÚSICA, artellado conxuntamente entre a Escola de Música de Rianxo e a Área de Educación e Cultura do Concello, terá lugar o vindeiro venres 27 un concerto moi especial a cargo da Banda anfitriona.

No marco desta novidosa proposta, estrearase a obra "O JAZZ NA BANDA", peza creada e orquestrada polo saxofonista e compositor rianxeiro Roberto Somoza, por encargo da Escola de Música de Rianxo, a partires dun texto de Quinito L Mourelle e no que se narra a historioa dun adolescente e o seu encontro co mundo do Jazz.

Na posta en escea desta particular creación, participarán ademais da Banda, un quinteto de jazz (conformado por recoñecidos músicos neste ámbito), e outros colaboradores/as, que de seguro e un ano máis, nos han deleitar co seu bo facer artístico.
Este concerto porá tamén o punto final ás propostas culturais organizadas polo Concello de Rianxo, no marco do programa VERÁN CULTURAL 2010.

BANDA DE MÚSICA DE RIANXO
Dirección: RAFAEL COLLAZO
Saxofón Solista: ADRIÁN PAIS
Textos: QUINITO L. MOURELLE
Narración: BELÉN XESTAL

Músicos de Jazz:
Trompeta: JAVIER PEREIRO
Saxo Tenor: ROBERTO SOMOZA
Piano: ALFREDO SUSAVILA
Contrabaixo: GUSTAVO HERNÁN
Batería: BORJA GARCÍA

Further informationFurther information

Contrato: Servizo de axuda no fogar (SAF) do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia no Concello de Rianxo [Content available only in Galician]

18 august 2010

Por Decreto de Alcaldía nº 1220/2010 de 10/08/2010, aprobouse o expediente de licitación, para o contrato de “ SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR (SAF) DO SISTEMA DE AUTONOMÍA PERSOAL E ATENCIÓN A DEPENDENCIA NO CONCELLO DE RIANXO “. que se publica consonte ao Prego e aos efectos do artigo 135.3 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público:

Further informationFurther information
Level Double-A conformance icon, W3C-WAI Web Content Accessibility Guidelines 1.0 Consellería de Innovación e Industria ©2007 Rianxo Town Council | Legal notice | Contact | Credits | Castellano | Galego