Digital NewspaperXuventude Galiza Net é o evento informático máis grande de Galiza. ESta décima edición celebraráse no Multiusos do Sar (Santiago de Compostela) os vindeiros días 3, 4 e 5 de abril. O prazo de inscrición rematará o vindeiro 31 de xaneiro.
Esta décima edición de Xuventude Galiza Net está cargada de novidades, como a ampliación do límite de idade, podende asistir agora mozas e mozos de entre 16 e 35 anos. Ademais celebrarase a primeira edición do concurso internacional de Robótica, en colaboración coa organización Ieee, e co embaixador de Lego, que traerá consigo unha morea de construcións feitas co deseñador dixital de Lego (entre elas, por exemplo, a estrela da morte de Star Wars). O software libre tamén terá unha presenza destacada con actividades, obradoiros e relatorios, e mesmo se estás a buscar traballo poderás entregar o teu currículum a moitos representantes de diversidade de empresas.
Si desexas inscribirte ou ter máis información, pincha aquí ou pásate pola Oficina de Información Xuvenil.