Rianxo Town Council
Home Site map Contact RSS
Friday, 10 de September de 2010

Back Digital Newspaper

Campamentos de verán 2008 [Content available only in Galician]

10 march 2010(: Servizo de Información e Animación Xuvenil)

Co obxectivo de facilitarlle á mocidade a participación
en actividades de tempo libre, a Vicepresidencia
da Igualdade e do Benestar, a través da
Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, oferta a "Campaña de Verán 2008", un plan xeral de actividades que abrangue do 15 de xuño ata o 30 de setembro, e inclúe a realización de actividades tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas e noutros países.

A Campaña de Verán ofrece a posibilidade de que a mocidade, que teña entre 9 e 17 anos, poida participar, individualmente ou en grupo, nalgún dos seguintes programas:

- Programas de actividades que se realizarán en Galicia.

- Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.

- Campos de traballo en Galicia.

- Campos de traballo noutras comunidades autónomas.

- Campos de traballo no estranxeiro.

Para acceder a información que fai referencia ás quendas das actividades que se realizarán en Galicia e aos intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas, pincha aquí ou pásate pola Oficina de Información Xuvenil.

Level Double-A conformance icon, W3C-WAI Web Content Accessibility Guidelines 1.0 Consellería de Innovación e Industria ©2007 Rianxo Town Council | Legal notice | Contact | Credits | Castellano | Galego