Con motivo da Guadalupe 2010 e para dar cumprimento ó Decreto 103/2005 Técnico Sanitario de piscinas de uso colectivo, os horarios de apertura da instalación son os seguintes:
Recinto piscina pechado, do 11 ó 19 de setembro, ámbolos dous incluídos.
Horario Ximnasio:
Sábado 11: 10:00 – 13:00 h.
Domingo 12: 10:00 – 13:00 h.
Luns 13 a Xoves 16: 9:00 – 13:00/17:00 – 21:00 h.
Venres 17: 10:00 – 13:00 h.
Sábado 18: Pechado
Domingo 19: 10:00 – 13:00 h.
Máis información
Como colofón do VI CICLO DE BANDAS DE MÚSICA, artellado conxuntamente entre a Escola de Música de Rianxo e a Área de Educación e Cultura do Concello, terá lugar o vindeiro venres 27 un concerto moi especial a cargo da Banda anfitriona.
No marco desta novidosa proposta, estrearase a obra "O JAZZ NA BANDA", peza creada e orquestrada polo saxofonista e compositor rianxeiro Roberto Somoza, por encargo da Escola de Música de Rianxo, a partires dun texto de Quinito L Mourelle e no que se narra a historia dun adolescente e o seu encontro co mundo do Jazz.
Na posta en escea desta particular creación, participarán ademais da Banda, un quinteto de jazz (conformado por recoñecidos músicos neste ámbito), e outros colaboradores/as, que de seguro e un ano máis, nos han deleitar co seu bo facer artístico.
Este concerto porá tamén o punto final ás propostas culturais organizadas polo Concello de Rianxo, no marco do programa VERÁN CULTURAL 2010.
Máis información
No marco da programación do Verán Cultural 2010 organizada pola Área de Educación e Cultura e ao abeiro da Rede Cultural de Deputación da Coruña. o sábado 21 de agosto ás 22:30 horas, concerto a cargo da TOMBALOBOS ORQUESTRA.
Máis información
MÚSICA NA NOITE. Unha nova proposta musical a cargo do grupo DUPLO SON (funky-latin-jazz), terá lugar o vindeiro domingo 22 de agosto na Praza Castelao de Rianxo. Concerto organizado no marco da proramación VERÁN CULTURAL 2010 e ao abeiro da Rede Cultural promovida pola Deputación de A Coruña.
Máis información
As NOITES FOLC voltan á Preza Castelao de Rianxo. Este vindeiro sábado 14 de agosto a eso das 22:30 horas, o Grupo AXOUXERE FOLK (Ordes) ofrecerá un concerto no marco da programación do Verán Cultural 2010 organizada pola Área de Educación e Cultura e ao abeiro da Rede Cultural de Deputación da Coruña.
Máis información
Enmarcado no VI CICLO DE BANDAS, e organizado conxuntamente coa Escola de Música de Rianxo, o vindeiro domingo 8 de agosto ás 21:00 horas, terá lugar no Auditorio de Rianxo o derradeiro dos Concertos das Bandas convidadas nesta nova edición, a cargo da Banda Artística de Merza.
Máis información
O próximo sábado 7 de agosto terá lugar ás 12:00 h no Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo, unha nova proposta de Animación á Lectura no marco do programa LETRAS VIVAS ANIMACION, promovido conxuntamente pola Consellería de Cultura e o Concello de Rianxo. Nesta ocasión trátase dun CONTO MUSICADO e a actividade estará a cargo da actriz e ilustradora MARISA IRIMIA, acompañada ao piano e violín por Juan Carlos Vazquez.
Máis información
O Centro Coreográfico Galego trae a Rianxo un programa de difusión da danza actual galega, mediante a escenificación de accións e improvisacións coreográficas a partir do espectáculo Etheria, a viaxe soñada.
O Vindeiro xoves 12 de agosto, ás 21:00 h. na Praza Castelao., terá lugar unha representación deste espectáculo no marco do programa CAMIÑOS EN DANZA, promovido pola Consellería de Cultura e Turismo, a travérs do AGADIC e do XACOBEO 2010.
Máis información