
[Content available only in Galician]
A Asociación de Veciños/as de Araño, é unha asociación sen ánimo de lucro, que foi fundada o 27 de novembro do 1991, tendo un período de inactividade dende mediados de 1995 ata o 2007. Esta asociación rexurde para busca a mellora continua nos distintos eidos que afectan á vida cotiá dos veciños da parroquia do Araño e formar parte e participar dos órganos de goberno aos que sexa convocada polo Concello ou calquera outro organismo para mellor defensa dos intereses comúns, tanto de ámbito parroquial como municipal.

[Content available only in Galician]
A Asociación Sociocultural e para o Desenvolvemento de Rianxo "A Moreniña" constitúesese en Rianxo o día 28 de outubru de dous mil un. É a concreción dun proxecto xestado e traballado durante varios anos. Xorde das inquedanzas dun grupo de persoas que, sen forma xurídica, viñan desenvolvendo un importante labor na organización das fiestas na honra á Virxe de Guadalupe de Rianxo, “A Moreniña”. Deste labor orixinal, unha vez constituída a asociación, ábrense novas liñas de actividade, participación e financiamento, ao ter acceso a axudas das administracións.